Publicador de contidos

Contido coa etiqueta kamala harris .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta kamala harris .

Kamala Harris

Kamala Harris durante o seu discurso na convención demócrata (Reuters/Kevin Wurn)

O Partido Demócrata clausura a convención unido ao redor da candidata Kamala Harris

23/08/2024 08:09

A vicepresidenta dos Estados Unidos presentouse como a única opción a un Donald Trump "sen límites"

Harris, quen agradeceu o legado que lle deixa Joe Biden, dixo ser unha muller de clase media que "aprendeu a non ter medo"

Categorías:  Mundo   Política

Tim Walz na convención demócrata en Chicago (Reuters/Brendan Mcdermid)

"Nunca subestimen un profesor de escola pública", di Walz ao aceptar o nomeamento demócrata a vicepresidente

22/08/2024 08:56

O gobernador de Minnesota, o favorito entre os máis progresistas dos demócratas, destaca pola defensa da vivenda e a sanidade como dereitos dos cidadáns

Categorías:  Mundo   Política

Barack Obama durante o seu discurso na convención demócrata (Reuters/Alyssa Pointer)

Obama pide aos EUA abrir un "novo capítulo": "Estamos listos para unha presidenta Harris"

21/08/2024 08:19

O expresidente norteamericano atacou con forza a Trump, a quen describiu como un multimillonario egoísta, que ve o "poder como un medio para conseguir os seus fins"

Michelle Obama revoluciona a convención con duros ataques a Trump e describe a Kamala Harris como a herdeira da "esperanza"

Categorías:  Mundo   Política

Biden e Harris na convención demócrata este luns (Reuters/Kevin Lamarque)

Un Biden emocionado dálle a remuda a Harris: "Amo o meu traballo, pero máis o meu país"

20/08/2024 09:00

O presidente estadounidense interveu na convención demócrata, onde recibiu unha grande ovación antes do seu discurso, nunha homenaxe ao seu medio século de traxectoria política


Kamala Harris á súa chegada este domingo a Chicago (Reuters/Kevin Lamarque)

A convención demócrata impulsa a candidatura de Kamala Harris

19/08/2024 08:24

O Partido Demócrata cítase en Chicago para certificar o apoio a unha candidata que hai un mes non optaba á presidencia dos Estados Unidos

Joe Biden abrirá a primeira xornada, nun simbólico discurso en que lle pasará a Harris a remuda á fronte dos demócratas


Trump: "Son moito máis guapo que Kamala Harris"

18/08/2024 20:28

O candidato republicano asegura que a vicepresidenta ten "a risa dunha tola" e que é "unha lunática de esquerda radical"


Un momento do primeiro debate

Trump quere cambiar o debate, pero Harris esíxelle cumprir o pactado con Biden

04/08/2024 08:14

O expresidente quere que se celebre na cadea ultraconservadora Fox News o 4 de setembro

A candidata demócrata esixe que sexa na cadea ABC o 9 de setembro, tal e como acordaran


Donald Trump, nun mitin en Carolina do Norte

Trump e Harris, que recibe o apoio de Obama, practicamente empatados nas enquisas

26/07/2024 09:07

Ata o de agora, os Obama aínda non fixeran público o apoio á candidatura de Harris, moi esperado pola súa influencia e ascendencia no partido

Segundo a sondaxe de The New York Times, o republicano lideraría cun 48 % de apoio fronte á demócrata, que obtería un 47 %


Biden di que renunciou para unir o seu partido no empeño vital de salvar a democracia

25/07/2024 04:49

Por iso decidiu dar paso a unha nova xeración, como o mellor xeito de unir tamén o país

Falou da virtual candidata demócrata aos comicios, Kamala Harris, como unha persoa experimentada, dura e capaz

Donald Trump: "O discurso do corrupto Joe Biden desde o Despacho Oval apenas se entendía e foi taaaan malo!"

Publicidade
Publicidade